Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

CONTINÚA ABERTO O PRAZO PARA PRESENTAR PROXECTOS DE WEBSERIE EN GALEGO

O V Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay recibe 256 webseries de todo o mundo

O festival, que se celebrará do 4 ao 7 de abril, homenaxea este ano as mulleres pioneiras do audiovisual e da tecnoloxía

Luns 19 de febreiro do 2018

O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay pechou onte o prazo de recepción de webseries para a súa competición oficial con máis de 250 propostas recibidas dende todos os continentes. As persoas que quedarn coas ganas de participar, porque aínda non teñen unha serie producida, pero que si vontade de creala, poden darlle forma ao seu proxecto e presentalo antes do 18 de marzo ao premio a proxectos de webserie en galego. Non hai ningún tipo de restrición de temática, de xénero ou de estilo, só deben ser creacións audiovisuais pensadas para seren publicadas e difundidas a través de internet e mediante capítulos, episodios ou partes (como mínimo tres). O galardón, que ten unha dotación económica de 1.500 euros, resolverase cun pitching en directo durante o festival e a serie resultante proxectarase na sexta edición do Interplay.

A imaxe do CIP homenaxea na súa quinta edición, que se celebrará os días 4, 5, 6 e 7 de abril, as mulleres pioneiras da tecnoloxía e do audiovisual, reivindicando o traballo da actriz e inventora Hedy Lamarr, precursora da tecnoloxía móbil, GPS e wifi, da matemática e escritora británica Ada Lovelace, da primeira persoa que dirixiu unha película de ficción e pioneira dos efectos especiais Alice Guy, da matemática Joan Clarke, da inventora do e-book Ángela Ruiz Robles, da pioneira da música electrónica Delia Derbyshire, da científica computacional, matemática e enxeñeira de sistemas Margaret Hamilton, da precursora da Internet Radia Perlman, da enxeñeira e programadora Mary Allen Wilkes e da pioneira no deseño de interfaces de usuario, Susan Kare.

Unha edición chea de novidades

Campamento Kamikaze ofrecerá -os días 2, 3 e 4 de abril, nos días previos ao festival- unha "experiencia audiovisual extrema" ás 24 persoas participantes, que se enfrontarán ao reto de idear, gravar e posproducir unha serie en tres xornadas de traballo intenso. "Trátase", asegura Sonia Méndez, directora do festival, "de aprender facendo e traballando man a man con profesionais como David Sainz, Teresa Segura, Enrique Lojo, Óscar Cruz, Jorge Boquete, Anxos Fazáns, Silvia Fuentes e Lucía Catoira". O Campamento Kamikaze está dirixido a estudantes, profesionais do audiovisual e creadores/as de contidos dixitais para internet. Serán tres días de convivencia e creatividade na contorna da praia de Razo e a serie resultante presentarase na apertura do V Carballo Interplay. As persoas interesadas en participar deben preinscribirse na web do Carballo Interplay, cubrindo un sinxelo formulario no que indicarán a que se dedican e que labor lles gustaría realizar no campamento. O prezo é de 150 euros e inclúe aloxamento e pensión completa para todos os días da actividade no Raz Surf Camp. O equipamento deberá achegalo o propio alumnado.

O Carballo Interplay estrea, tamén, nesta edición, un Mercado Profesional que integrará unha serie de actividades e espazos pensados para conectar a creadores e creadoras coas principais plataformas, produtoras e medios de comunicación que están apostando no Estado polos contidos dixitais de creación propia. As persoas interesadas en participar neste Día PRO, que terá lugar o xoves 5 de abril, xunto con FLOOXER (Atresmedia), MTMAD (Mediaset), PLAYZ (RTVE Digital), CRTVG ou Playground, así como con epresentantes das principais asociacións do sector en Galicia -como o Cluster do Audiovisual, AGAG ou CREA- e directores e directoras e programadores e programadoras de festivais de series dixitais estatais e internacionais, deben acreditarse, de xeito gratuíto, na web do festival, carballointerplay.com.

Compartir: