Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Os creadores bergantiñáns deixaron pegada en Ribadeo

Centos de persoas achegáronse á obra de 30 artistas de Carballo e comarca a través da exposición colectiva “Nordesía”

Mércores 4 de outubro do 2017

Agora que estamos en tempo de balances, desde Ribadeo chéganos tamén o da boa acollida que tivo a exposición “Nordesía”, que puido verse durante a primeira quincena de setembro no Forte de San Damián. Un escenario impresionante para unha mostra sensacional, que reuniu os traballos dunha trintena de creadores e creadoras con vinculación con Carballo.

A arte bergantiñá deixou pegada na Mariña luguesa, tanto entre a veciñanza como entre os numerosos turistas que a visitan cada verán. Centos de persoas, segundo os datos facilitados, tiveron a oportunidade de coñecer as propostas artísticas en diversas disciplinas de Adriana Díaz, Ana García, Antón Díaz, Antonio Reino Mira, Antonio Taracido, Chiña, Cristina Castro, Damián Varela, Esther Chamoso, Eva Facal, Isa Fernández, Jacobo Veiga, Francisco Javier Rodríguez, Laura Tova, Lola Oviedo, Manuel Eirín Nemiña, María Marticorena, Milagros Cotelo Rama, Mon Lendoiro, O’Mighelo, Otilio Fernández, Pedro Tasende, Peter Kramer, Peter Schneider, Raúl Herrera, Risé, Santi Picos, Teresa Candal, Viki Rivadulla e Rosalía Fernández Rial.

Marcos Trigo, na inauguración da exposición, xunto ao seu homólogo de Ribadeo, o tamén carballés Farruco Graña

Marcos Trigo, na inauguración da exposición, xunto ao seu homólogo de Ribadeo, o tamén carballés Farruco Graña

O concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, foi un dos visitantes de “Nordesía”, dedicada a Paco Souto. Tamén se desprazaron ata o Forte de San Damián algúns dos artistas que participaron na mostra colectiva, coa que se escribe o segundo capítulo dun intercambio artístico entre os concellos de Carballo e Ribadeo. De feito, trece creadores da Mariña luguesa viaxaran en maio a terras bergantiñás a través das súas obras, que estiveron expostas no Pazo da Cultura.



Galería

Compartir: