Cultura

Cultura

- 2021 +
- Xaneiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O FIOT arranca esta fin de semana a súa XXVI edición con tres estreas en Galicia

A emerxente compañía Cirk About It será a encargada de inaugurar o festival o venres 22 de setembro cun espectáculo na Praza do Concello

Xoves 21 de setembro do 2017

A XXVI edición do Festival Internacional Outono de Teatro(FIOT) arranca esta fin de semana tras o “aperitivo” da “Muiñada” de Galeatro do pasado 16 de setembro. A emerxente compañía Cirk About It será a encargada da inauguración oficial este venres 22 de setembro ás 20.30 h na Praza do Concello de Carballo.

O espectáculo, aberto para todos os públicos, consistirá nun traballo corporal moi visual e orixinal, no que os espectadores poderán sentir como se estivesen no salón da súa casa co circo como protagonista, xa que durante case unha hora poderán presenciar acrobacias, saltos, portes, equilibrios e moito humor. Todo da man dunha compañía cunha proxección moi importante e recoñecementos en diversos festivais pola súa grande inquedanza técnica e artística. A obra a cargo de El Pont Flotant propón unha experiencia conxunta entre os membros da compañía e persoas de diferentes xeracións, que contará con nenos de entre dez e doce anos e adultos entre 40 e 80.

Rúa dos Contos

A “ovella negra” do FIOT, a Rúa dos Contos, non deixará descansar as noites de Carballo durante as próximas tres fins de semana, nas que o público poderá gozar de 12 obras que inclúen excelentes monólogos e moito humor a través da música e da tradición oral, da poesía e do teatro.

Quico Cadaval

Quico Cadaval

O comezo será este venres ás 23 h na Cafetería Colón, coa estrea en Galicia de “Las historias del Filandar”, do contador de historias Guti, un referente imprescindible na narración oral a nivel estatal. O seu é un espectáculo creado a partir de historias persoais, dos recordos, da fabulación dos vellos narradores e das xentes que compartiron matanzas, bailes, traballos e penas.

sábado 23 regresa á Rúa dos Contos Paula Carballeira, unha das narradoras máis importantes de Galicia e que ten unha forte vinculación co festival. Estará na cervexaría A Bombonera (22.30 h) co seu monólogo “Os contos que me foron contando”. Pola súa banda, ás 00.30 h no Mesón do Pulpo, o actor David Perdomo volve aos seus inicios con “En crudo”, un monólogo que esmiúza o ridículo do xénero humano nestes momentos, con anécdotas propias, para darnos a coñecer un contador con moita sorna.

domingo 24 terá lugar a sesión dobre no Mercado Municipal de Carballo. O primeiro turno (20 h) será para a estrea en Galicia de “Tanatorium”, do infatigable e insólito artista valenciá Félix Albo, que fai un proposta unipersoal tremendamente tola sobre a vida, a morte e o silencio. Ás 21.30 h, o público volverá a gozar do mestre da narración e Xograr de Outono Quico Cadaval, que subirá ao escenario coas súas “Fantasmas familiares”.

Fiotiño

O Fiotiño, o programa especial do festival para os máis cativos, abriu xa o prazo para que os nenos e nenas (de 6 a 12 anos) se inscriban na “Noite branca no teatro” do Fiotiño, que terá lugar do 11 ao 12 de outubro.

O tema sobre o que se centrará esta edición será o cabaret e con esta actividade, como cada ano, os máis pequenos terán unha oportunidade de coñecer os segredos do teatro a través dun minicampamento no propio Pazo da Cultural. O prezo por inscrición, unha vez admitido, que estará aberta ata o próximo 2 de outubro, será de 20 euros, con preferencia para os socios da Asociación Cultural Telón e Aparte.

Compartir: