Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A organización do FIOT leva 7 anos apoiando a creación das artes escénicas con 7 coproducións

Galeatro, a primeira compañía profesional de Carballo, adianta a programación do FIOT

A montaxe “Muiñada” é unha das tres coproducións nas que este ano participa o Festival como parte do seu apoio constante á creación escénica

Xoves 14 de setembro do 2017

A primeira compañía profesional de Carballo, Galeatro, adianta este sábado, a modo de “aperitivo” o intenso programa de espectáculos do XXVI Festival Internacional de Teatro de Carballo (FIOT) coa súa primeira obra infantil de gran formato: “Muiñada” dirixida ao público familiar a partir de 5 anos.

Esta será unha posta en escea se cabe aínda máis especial xa que unha das integrantes de Galeatro, e fundadora da compañía, é a carballesa Alba Bermúdez. Desde a súa nenez, con só 8 anos, Bermúdez estivo moi vinculada ao Festival; primeiro como voluntaria e despois como integrante doutras compañías convidadas en edicións anteriores. “Tiñamos moi claro que queriamos situar a Galeatro en Carballo porque aquí foi onde eu descubrín o teatro, porque todo o ano Carballo ten unha gran programación teatral, non só durante o FIOT e porque pensamos que alguén debía crear desde aquí”, recorda Bermúdez.

Galeatro naceu en 2013 co obxectivo de promover a cultura e a tradición galegas desde a capital da Costa da Morte. Os seus dous integrantes, Alba Bermúdez e Tone Martínez, son licenciados en Arte Dramático, e a eles súmase Jorge López, un mestre especialista en educación musical. Nestes catro anos de andaina profesional, as súas creacións didácticas levan percorridos centros educativos e teatros de toda Galicia con grande éxito entre profesores e alumnos.

Ás montaxes de menor formato e duración que ata agora tiñan no seu currículo ("De leria con Castelao", “Comechíns, segundo prato", “Identifica-te”, “O contador de contos”) súmase esta “Muiñada” cunha duración 50 minutos e unha escenografía máis complexa. “É unha honra e unha responsabilidade que nos dean a oportunidade de estrear esta obra no FIOT e, ademais, no escenario principal do Festival, o auditorio do Pazo da Cultura”, sinalou Bermúdez, que estivo arroupada polos seus compañeiros, o presidente da asociación Telón de Aparte, Alberto Sueiro; o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

Como compañía residente do FIOT, Galeatro leva ensaiando a diario no Pazo da Cultura desde principios de agosto e, previamente en febreiro, aquí fixeron as xornadas de creación da dramaturxia. “É moi difícil que che dean unha residencia nun gran teatro, como máximo podes ter unha semana polo que é unha alegría ensaiar no escenario final xa que facilita moito o traballo”.

O sábado, desde as 20.00h, Alba e Tone meteranse no papel de Xacobe e Sabela. A acción transcorre nun típico muíño de auga. Como non poden moer a un tempo, a parella comeza unha discusión na que o xogo, as lendas, a tradición e a música achegará a cativos e maiores a unha construción fundamental para a Galicia do século XX. É “unha viaxe ao pasado para nenos de hoxe”, describen os creadores.

Histórico de coproducións

“Muiñada” é unha das tres coproducións nas que este 2017 participa o FIOT, dando así un paso máis na súa aposta pola creación artística desde a base. Cada unha das colaboracións profesionais ten un carácter moi diferente. Mentres que Galeatro é unha compañía local especializada no público infantil, Reckless Sleepers & Atresbandes presentará a performance experimental e interactiva “La última cena”. Pola súa banda, Contraproducións, cun equipo incondicional do FIOT, presenta o proxecto “Fillos do sol” (obra na que Alba Bermúdez fai doblete) moi vinculado á comarca de Bergantiños por conmemorar o centenario do falecemento do escritor pontecesán Eduardo Pondal.

Son xa 7 anos os que o FIOT vén apostando de forma profesional pola coprodución como unha forma de apoiar as artes escénicas en todos os niveis.

  • 2010: Un cráneo furado. (Compañía: P.T. Excéntricas / Mofa e Befa)
  • 2012: O Método Grönholm (Compañía: Talía Teatro)
  • 2013: Symon Pédícrí (Compañía: Diego Anido)
  • 2016: O tolleito de Inishmaan (Compañía: Contraproducións)
  • 2017: Muiñada (Compañía: Galeatro), Fillos do sol (Compañía: Contraproducións), La Última Cena (Compañía: Reckless Sleepers & Atresbandes)

Compartir: