Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

PRAZA DOS LIBROS

Manuel Rivas rebautiza Carballo como “o lugar onde se exerce o dereito a soñar”

A lembranza de Paco Souto, que será homenaxeado o domingo, estivo moi presente nos discursos de inauguración da Praza dos Libros

Xoves 6 de xullo do 2017

Carballo xa non é só un bo lugar para vivir, senón tamén “o lugar onde se exerce o dereito a soñar”, e temos o privilexio de que o encargado de rebautizalo fose nin máis nin menos que Manuel Rivas Barrós, o escritor galego máis internacional. Pero ademais de deixarnos esa fermosa mensaxe no Libro de Honra do Concello de Carballo, que Evencio Ferrero correspondeu agasallándoo cun exemplar de “Derrubando muros con pintura”, poucos minutos despois, na carpa da Praza dos Libros, deleitounos cun pregón no que comparou a importancia do libro coa da auga e a cultura galega cun espazo natural que merece ser protexido. “Temos que loitar contra o cambio climático da cultura”, berrou, nunha intervención que podedes escoitar integramente no vídeo que acompaña esta nova.

Manolo Rivas tivo palabras de lembranza para outro dos protagonistas desta Praza dos Libros, Paco Souto, que será homenaxeado o domingo por creadores e creadoras de diferentes disciplinas artísticas. “Paco Souto pertencía, pertence, á nosa mellor estirpe, a estirpe da xente ceibe, dos ceibes solidarios”, dixo o pregoeiro. E non foi o único que lembrou ao poeta, percebeiro, axitador cultural e persoa comprometida socialmente, que deixou a vida no mar o pasado 30 de marzo. Para ese Paco Souto, pero sobre todo para o “amigo”, foron tamén as sentidas palabras do concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, que abriu o acto inaugural. E, tras el, o alcalde convidou ás persoas que enchían a carpa a “gozar do libro, do tempo, da amizade e de Carballo”.

Na Praza dos Libros hai xoias como esta obra de Manuel Facal

Na Praza dos Libros hai xoias como esta obra de Manuel Facal

Con ese convite quedamos, porque os motivos para gozar de Carballo durante estes catro días de Praza dos Libros son moitos. Hoxe tivemos os primeiros en forma de contos, con Anxo Moure; de música para nenas e nenos, con Jorge Juncal e María López; de lendas recollidas pola Costa da Morte por Xan Fernández e de “Charamuscas”, co que o cormelán Suso Lista completa a súa triloxía de relatos mariñeiros.

E mañá, moito máis. Alberto Varela Ferreiro, Pirilampo, Xosé María Lema e Xabier Maceiras volverán a poñer os contos, a música e a literatura mariñeira na Praza dos Libros. Xunto a todas estas actividades, tamén todas as novidades editoriais (cun 10% de desconto) que nos ofrecen as librarías Á lus do candil, Brañas Verdes, Ler, Roget, Teldy, Trasgo e Demo Editorial nas casetas da Praza dos Libros, abertas de 11 a 14 e de 18 a 22 horas.

Vídeos



Galería

Compartir: