Cultura

Cultura

- 2020 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

“A dilixencia do Oeste” acada o primeiro premio no tradicional Concurso de Cachelas do San Xoán

A comisión de festas repartiu esta noite 1.450 euros en premios, á parte das subvencións

Venres 23 de xuño do 2017 San Xoán 2017

“A dilixencia do Oeste” levou o premio gordo do Concurso de Cachelas de San Xoán ata o lugar de San Lois, na parroquia de Ardaña. A comisión de festas quixo conmemorar a 30ª edición do certame cun incremento na contía dos premios, de xeito que a mellor cachela acadou os 600 euros. “A dilixencia do Oeste” destacou entre as 14 participantes non só pola súa orixinalidade, senón pola fidelidade da recreación e polos numerosos detalles dun traballo realizado integramente con madeira.

O segundo premio, dotado con 300 euros, foi para outro elaborado traballo en madeira, “Polar Express”, un precioso tren con estación no barrio do Sisto. Para a rúa Carré Aldao foi o terceiro premio, que este ano acadou os 200 euros, e o responsable foi “El Pirulí”, unha réplica de Torrespaña moi carballesa. “Móllate”, unha orixinal figura dun nadador na rúa Río Anllóns, supuxo para os seus creadores os 150 euros do cuarto premio. Ademais, o xurado esgotou os 200 euros de accésits, que repartiu a partes iguais entre “O desembarco vikingo” da rúa Buxo e “O paisano da queiroa” do Sisto.

O domingo 25 celebrarase outro concurso clásico do San Xoán de Carballo, o Descenso do Anllóns, cun total de 19 participantes.



Galería

Compartir: