Cultura

Cultura

- 2020 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Abre un novo prazo de preinscrición para 1º curso de grao elemental no Conservatorio Profesional de Música

O período de matrícula para o acceso a 1º de grao medio está aberto ata o día 15 e as probas serán o 19

Luns 12 de xuño do 2017

O Conservatorio Profesional de Música de Carballo desprega estes días unha importante actividade, xa que, ao mesmo tempo que remata un curso, o equipo directivo xa está a preparar o seguinte.

Por unha banda, do 13 ao 16 de xuño abrirase un novo prazo de preinscrición para 1º curso de grao elemental, xa que aínda quedan prazas dispoñibles. Todos/as os/as anotados/as realizarán unha proba de acceso o día 20, segundo os criterios que podedes consultar no documento adxunto. Ás 16 horas celebrarase unha reunión informativa cos/as aspirantes e as familias na aula de conxunto instrumental, e ás 17 horas será o exame melódico, rítmico e psicomotriz. O tribunal estará formado por Juan Otero Pérez, como presidente; Javier Bardanca Castro, secretario, e os vogais Luis Currás Pico, Gloria Pardines Rojo, Mario Seoane Blanco e Isaura Rey Castro.

Así mesmo, ata o día 15 sigue aberto o prazo de matrícula-autoliquidación para a proba de acceso a 1º curso de grao profesional. O exame realizarase o día 19 conforme aos seguintes horarios: 16 horas, teoría e ditado (aula de conxunto instrumental); 17 horas, entonación e lectura (aulas correspondentes aos instrumentos) e 18 horas, instrumentos (aulas de cada especialidade). No documento adxunto figuran os tribunais de cada materia.

Por último, lembrar ás familias que os/as alumnos/as de música e movemento (6 e 7 anos) terán un único ensaio esta semana, o venres de 16 a 18 horas. Unha hora máis tarde participarán no concerto das agrupacións musicais do CMUS xunto coa banda e a orquestra de corda.

Descargas

Compartir: