Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

SAN XOÁN 2017

Ana María Varela López, do concello coruñés de Cambre, gañadora do concurso do cartel das Festas de San Xoán 2017

A autora da imaxe das celebracións patronais de Carballo vén de rematar Deseño Gráfico na Escola Pablo Picasso

Venres 28 de abril do 2017

Os membros da comisión de festas tiveron que escoller este ano entre 47 propostas

Os membros da comisión de festas tiveron que escoller este ano entre 47 propostas

Este ano temos gañadora do concurso para elixir o cartel anunciador das Festas de San Xoán. O xurado, integrado polos membros da comisión de festas, seleccionou a proposta presentada por Ana María Varela López, unha moza de 22 anos do Temple, no concello coruñés de Cambre, que vén de rematar os seus estudos de Deseño Gráfico na Escola Pablo Picasso da Coruña, e que está realizando agora as súas prácticas. Para Ana María Varela foi unha auténtica sorpresa a chamada da concelleira de Festas, Mar Eirís, para comunicarlle a decisión do tribunal. “É a primeira vez que me presento a un concurso de cartelería, así que estou moi contenta”, declarou.

A gañadora recollerá o seu premio de 450 euros, patrocinado un ano máis por Opticalia Enríquez, o día da presentación do programa das festas patronais de Carballo, que se fixará en breve. Nese acto darase a coñecer a imaxe que se utilizará para a promoción das festas tanto nos carteis como nos programas de man, na revista e en Internet. Este ano presentáronse ao concurso un total de 47 deseños. 

As Festas de San Xoán serán este ano do 22 ao 26 de xuño, ámbolos dous incluídos, e estenderanse á primeira fin de semana de xullo coa celebración do festival Rockin’, o sábado 1, e a Festa do Bosque, o domingo 2. Deste xeito, as festas patronais de Carballo concentraranse arredor de dúas fins de semana consecutivas.  

Compartir: