Cultura

Cultura

- 2019 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
6
7
8
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A Biblioteca Rego da Balsa conecta coa comunidade cunha trintena de propostas para todos os públicos

Contacontos, concertos, obradoiros, presentacións literarias, exposicións, faladoiros e actividades de carácter social encherán de actividade as vindeiras semanas

Martes 11 de abril do 2017

As exposicións de arte tamén teñen cabida na biblioteca

As exposicións de arte tamén teñen cabida na biblioteca

Na Biblioteca Rego da Balsa non hai tempo para o aburrimento, porque raro é o día no que ademais de poñerte ao día coa prensa, ter á túa disposición o último en literatura tanto en papel como en formatos dixitais, xogar ao videoxogo de moda ou compartir un conto co pequeno ou a pequena da casa, non haxa algunha actividade complementaria. De aquí a mediados de xuño, de feito, están previstas unha trintena de propostas que reforzan a conexión entre a biblioteca cunha comunidade de usuarios e usuarias cada vez máis ampla e diversa.

O programa de actividades inclúe dende as concorridas sesións de contacontos cos ratiños da compañía Trinketrinke ata os concertos do Curruncho Pop, faladoiros sobre os temas máis diversos, obradoiros (entre eles un interesantísimo de banda deseñada con Mon Lendoiro) e mesmo iniciativas de carácter social, grazas á colaboración entre a Biblioteca Rego da Balsa e a Concellaría de Igualdade e Benestar ou a Cruz Vermella.

Tamén continúan as actividades estables que desenvolve a Asociación de Irmandamento de Carballo con L’Isle Jourdain na biblioteca e, por suposto, as presentacións literarias, que nos ofrecerán a posibilidade de conversar de preto con autores/as como Xelucho Abella, Fernando Cabeza ou Rosalía Fernández Rial. En definitiva, unha completa oferta cultural que detallamos no documento adxunto.

Descargas

Compartir: