Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

ENTROIDO 2017

A Concellería de Cultura repartirá máis de 8.500 euros en premios e gratificacións no Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas

O prazo de inscrición está aberto ata o 23 de febreiro para comparsas e carrozas. Nesta mesma páxina podedes descargar toda a documentación e a folla de participación

Venres 10 de febreiro do 2017

Co obxecto de promocionar unha das festas tradicionais máis importantes no noso concello, a Concellaría de Cultura de Carballo convoca un ano máis o CONCURSO DE DISFRACES, COMPARSAS E CARROZAS de ENTROIDO, que terá lugar o domingo 26 de febreiro ás 18.00 h e que transcorrerá polas rúas próximas á Praza do Concello, onde rematará. Como en anos anteriores, o concurso está dirixido tanto a adultos como a nenos e contempla diferentes modalidades de participación: individual, grupos, comparsas e carrozas, así como un premio especial ao Choqueiro de Bergantiños (participante que pode estar inscrito en calquera das categorías).

Nesta edición volveuse a incrementar a contía dos premios do concurso ata máis dos 8.500 €, dos cales case 4.000 € están destinados a gratificacións de 125 €, 200 € e 250 € por participar (aos 20 primeiros inscritos nas modalidades de carrozas ou comparsas nas categorías de infantil ou adulto, dependendo do número de membros), xa que un dos obxectivos principais do concurso é incentivar a participación, e máis de 3.500 € repartiranse entre os 14 premios previstos, que nalgunha modalidade tamén medraron. Así, o 2º de carrozas pasa de 295 € a 400 € e o 2º de comparsas, de 200 a 250 €.

Este ano o incremento nos presupostos de participación e gratificación por concursar débense, principalmente, ao aumento de inscritos nas categorías de comparsas e carrozas -na categoría de adultos-  que se vén rexistrando nos últimos anos. Deste xeito, tamén experimentará un aumento a cantidade destinada aos accésits, que este ano pasan dos 600 € aos 900 €.

A inscrición pode realizarse nas oficinas de Cultura do Pazo da Cultura, no caso de comparsas e carrozas dende hoxe ata o 23 de febreiro e a no do resto das categorías ata 1 hora antes do mesmo día do desfile (nese caso na Praza do Concello). As bases, fichas de inscrición e outra documentación precisa está dispoñible nos anexos que atoparedes ao final desta páxina.

Co obxecto de velar pola seguridade de participantes e espectadores, o Concello quere facer fincapé na importancia de respectar as medidas de seguridade, en especial, na construción de carrozas. Se precisades máis información podedes poñervos en contacto coa Concellaría de Cultura no 981 704 300.

Descargas

Compartir: