Cultura

Cultura

- 2019 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
2
3
4
5
7
9
10
11
14
15
17
18
19
20
24
25
26
28
29
30
31
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Ver localización

Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT)

Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT)

O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) celébrase de maneira ininterrompida desde 1992 e consolidouse como unha das citas teatrais máis importantes do panorama escénico galego. Está organizado conxuntamente polo Concello de Carballo e pola Asociación Cultural Telón e Aparte.Ten lugar no mes de outubro e ofrece un programa de alto nivel, no que participan as máis importantes compañías galegas, do resto do Estado e representantes de calidade doutros países.

O núcleo do programa constitúeo o teatro de sala, que ten lugar no Pazo da Cultura durante as fins de semana de outubro. Mais inclúe tamén un amplo abano de actividades paralelas como a Rúa dos Contos, unha das citas de narración oral máis senlleiras de Galicia que ten lugar en pubs, cafeterías e tascas durante varias fins de semana; o ciclo OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado) dedicado a propostas máis alternativas; o Fiotiño, unha noite de convivencia no Pazo da Cultura para fomentar o teatro entre nenos e nenas; Teatro de Rúa; exposicións; a proposta gastronómica “Dálle un bocado ao FIOT” en bares, cafetarías e tascas; actividades teatrais nos centros de ensino; ou o Concurso Escolar de Teatro Lido 'Xosé Manuel Eirís'.

Ademais,  o festival conta cun Premio do Público que os asistentes ás funcións conceden, a través das súas votacións, á compañía que máis lles guste en cada edición. A organización escolle tamén cada ano como Xograr de Outono a unha persoa destacada do panorama teatral galego polo seu compromiso co teatro e as artes escénicas. Até o momento teñen sido distinguidos con este galardón Roberto Vidal Bolaño, Artur Trillo, Celso Parada, Víctor Mosqueira, Quico Cadaval, DoroteaBárcena, Cándido Pazó, Paula Carballeira, Marcelino de Santiago “Kukas”, AlbertoGende y Xosé Manuel Olveira “Pico” e Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”.

Web  do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT)

Compartir: