Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A Rúa dos Contos reúne na primeira fin de semana a Guti, Paula Carballeira, David Perdomo, Félix Albo e Quico Cadaval

Do venres 22 de setembro ata o sábado 7 de outubro do 2017

Actuación de Guti, o venres 22, no café Colón

Actuación de Guti, o venres 22, no café Colón

A “ovella negra” do FIOT, a Rúa dos Contos, non deixará descansar as noites de Carballo durante as próximas tres fins de semana, nas que o público poderá gozar de 12 obras que inclúen excelentes monólogos e moito humor a través da música e da tradición oral, da poesía e do teatro.
 
O comezo será este venres ás 23 h na Cafetería Colón, coa estrea en Galicia de “Las historias del Filandar”, do contador de historias Guti, un referente imprescindible na narración oral a nivel estatal. O seu é un espectáculo creado a partir de historias persoais, dos recordos, da fabulación dos vellos narradores e das xentes que compartiron matanzas, bailes, traballos e penas.
 
sábado 23 regresa á Rúa dos Contos Paula Carballeira, unha das narradoras máis importantes de Galicia e que ten unha forte vinculación co festival. Estará na cervexaría A Bombonera (22.30 h) co seu monólogo “Os contos que me foron contando”. Pola súa banda, ás 00.30 h no Mesón do Pulpo, o actor David Perdomo volve aos seus inicios con “En crudo”, un monólogo que esmiúza o ridículo do xénero humano nestes momentos, con anécdotas propias, para darnos a coñecer un contador con moita sorna.

domingo 24 terá lugar a sesión dobre no Mercado Municipal de Carballo. O primeiro turno (20 h) será para a estrea en Galicia de “Tanatorium”, do infatigable e insólito artista valenciá Félix Albo, que fai un proposta unipersoal tremendamente tola sobre a vida, a morte e o silencio. Ás 21.30 h, o público volverá a gozar do mestre da narración e Xograr de Outono Quico Cadaval, que subirá ao escenario coas súas “Fantasmas familiares”.


Compartir: