Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Budiño celebra o 20º aniversario de "Paralaia" cun concerto único acompañado por Mercedes Peón

Venres 18 de agosto do 2017 22 horas - Praza do Concello

O primeiro disco publicado por Budiño celebra neste ano o seu 20 aniversario, polo que é a perfecta ocasión para a saída da nova edición remasterizada e a razón desta xira. A publicación de Paralaia transgrediu a industria musical galega ao amosar outra visión do folk, que grazas a el viaxou por todo o mundo e que acadou o recoñecemento da crítica a nivel internacional.

O gaiteiro, compositor e intérprete leva publicados seis traballos discográficos. Neste concerto teremos unha oportunidade de gozar do disco e vivilo de novo xunto cunha banda única, conformada para este espectáculo polos músicos Cibrán Seixo, Santiago Cebreiro, Antonio Rodríguez, Sérgio Tannus, Fran Sanz e Isaac Palacín. E ademais estarán acompañados por unha convidada de luxo: Mercedes Peón.

Vídeos

Compartir: