Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

"Luscofusco", exposición colectiva de artistas vinculados/as a Carballo

Do venres 16 de xuño ata o luns 31 de xullo do 2017 17 a 21 horas - 3º andar do Pazo da Cultura

29 artistas participan na exposición colectiva de creadores vinculados a Carballo, unha iniciativa da Concellaría de Cultura na que colabora o colectivo Crea Formas, que este ano homenaxea ao poeta malpicán Paco Souto, moi vinculado ao movemento artístico carballés. “Luscofusco”, título xenérico da mostra, inclúe obras de artistas con traxectorias e modalidades moi diversas, que abranguen pintura, fotografía ou escultura, entre outras.

“Luscofusco” inclúe  traballos de Adriana Díaz, Ana García, Antón Diaz, Antonio Reino, Antonio Taracido, Chiña, Cristina Castro, Dami Varela, Esther Chamoso, Eva Facal, Isa Fernández, Jacobo Veiga, Javier Rodríguez, Laura Tova, Lola Oviedo, Manuel Eirín, María Marticorena, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, O’ Mighelo, Oti Fernández, Pedro Tasende, Peter Kramer, Raúl Herrera, Risé, Santi Picos, Teresa Candal e, como artistas convidados, Peter Schneider e Viki Rivadulla.

Compartir: