Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

"Contos de Perrault" con Trinketrinke. Entradas esgotadas

Mércores 16 de novembro do 2022 17.00 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa

Os Ratos de Lonxedetodo volven á Biblioteca Rego da Balsa cos Contos de Perrault. Charles Perrault foi un autor e compilador francés de contos que están no imaxinario de todos nós: A carapuchiña vermella, A cincenta, A bela dormente, Polgariño… Así e todo, cómpre revisar a obra deste escritor do século XVII desde a perspectiva do XXI, en especial aqueles contos que perpetúan unha visión machista da sociedade.

Entradas esgotadas.

Trinketrinke fai animación á lectura desde o teatro. Os conductores das actividades para nenos e nenas de 4 a 8 anos son uns personaxes fantásticos: os Ratos da Biblioteca, que proceden dun lugar chamado Lonxedetodo, onde os libros e a lectura ocupan un lugar sobranceiro na vida da comunidade. Os obxectivos dos espectáculos son promover a lectura, espertar o gusto pola literatura, estimular a sensibilidade, a imaxinación, a creatividade e o espírito crítico dos nenos e nenas a través da narración dos contos e, singularmente, dos distintos xeitos de contalos.

Compartir: