Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Entrega de premios do XXI Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís

Domingo 13 de novembro do 2022 18.00 horas - Pazo da Cultura

O FIOT celebrará o domingo 13 de novembro a gala final e acto de entrega de premios do XXI Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís, certame que procura achegar, dun xeito próximo e entretido, a lectura dramatizada ás novas xeracións, e que estas leven o teatro ás casas a través das ondas radiofónicas.

Neste 2022 participaron nenas e nenos de 13 de centros escolares da comarca de Bergantiños. En total, entre alumnado e profesorado, o certame contou coa participación de 216 persoas agrupadas en 31 colectivos. Un xurado escolleu este martes, día 8, as catro propostas finalistas, que tamén se poderán escoitar ao vivo o día 13, a partir das 18.00 horas, no auditorio do Pazo da Cultura. O acto contará co Mago Teto como mestre de cerimonias. 

1ª CATEGORÍA
GRUPO: TRALLEIR@S MEDIOAMBIENTAIS, do CPI CABO DA AREA, coa obra Lixum Marítimus.
GRUPO: AS CONTEIRAS E CONTEIROS , do CEIP FOGAR, coa obra A vaca que puxo un ovo.

2ª CATEGORÍA
GRUPO: OS VIQUINGOS DO PENDÓN, do CPI AS REVOLTAS, coa obra Atraco no banco.
GRUPO: TEATREIROS, do IES ALFREDO BRAÑAS, coa obra A verdadeira historia do secuestro de Rapuncel.

Durante a gala do día 13, os grupos volverán intepretar os seus fragmentos teatrais. Tras unha nova deliberación do xurado, o propio domingo, realizarase a entrega de premios nas dúas categorías. A cita pecharase cunha actuación do Mago Teto destinada a público familiar e, ao remate, haberá unha gran chocolatada.

Alén das catro propostas finalistas, todas as iniciativas participantes pódense ver ou escoitar na canle de Youtube do FIOT. Ademais, desde o pasado luns 7 de novembro e até o vindeiro día 22, en horario de luns á venres contra ás 13.45 horas, emítese a través de Radio Voz Bergantiños cada unha das propostas teatrais, gravadas coa colaboración da redacción da emisora. Unha vez teña lugar a gala final, as propostas gañadoras tamén estarán dispoñibles na sección Onda FIOT da web oficial do festival, www.fiot.gal.

Compartir: