Cultura

Cultura

- 2022 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

"Trolls 2" pecha as Noites de Cine do mes de agosto

Mércores 24 de agosto do 2022 22.00 horas - Praza de Sofán

Nunha aventura que os levará máis aló de todo o que coñeceran, Poppy e Branch descobren que a súa tribo de Trolls é só una das seis que existen, que o resto están repartidas en seis reinos e consagradas a seis tipos distintos de música: funk,country, tecno, clásica, pop e rock.

A raíña Bárbara, membro da realeza dohard rock, e o seu pai, o Rey Metal, queren acabar co resto de xéneros musicais e impoñer o reinado do rock. Co destino do mundo en xogo, Poppy e Branch, xunto co resto da cuadrilla —Mangallón, Chanelle, Satén, Cooper e Guy Diamante—, visitarán os demais reinos para unir aos Trolls contra os plans de Barb de eclipsalos a todos.

Premios
2020: Premios Annie: 4 nomeamentos incluíndo mellor película e efectos animados
2020: Satellite Awards: Nomeada a mellor canción

Con esta película de animación para todos os públicos pechamos a programación de cine ao aire libre do mes de agosto. Nesta ocasión colabora coa Concellaría de Cultura a Asociación de Mulleres Rurais San Salvador de Sofán.

Vídeos

Compartir: