Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Xurxo Fernandes presenta o seu álbum Levaino!

Venres 22 de xullo do 2022 22.30 horas - Praza do Concello

Xurxo Fernandes é unha figura de referencia no panorama das músicas de raíz de Galicia, a nivel etnográfico e artístico, que na actualidade continúa co seu labor de investigación e divulgación. Isto fai que sexa capaz de innovar no eido da música tradicional a través das súas propostas artísticas coma nos nomeados proxectos; Radios Cos, Pandeireteiras Sen Fronteiros, Jako el Muzikante e agora na súa última proposta en solitario na que aúna as súas dúas facianas máis representativas, a galega e a oriental: Levaino! (2021).

Levaino! é unha visión única sobre as músicas de raíz e de creación colectiva. Viaxa desde Galicia ata Oriente a través dunha ducia de paisaxes sonoras que encherán o escenario do Pazo da Cultura.

Organiza: Concellaría de Cultura (Programa Verán Cultural)
Colabora: Deputación da Coruña

Vídeos

Compartir: