Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

"Yesterday" leva as Noites de Cine a Cances

Mércores 27 de xullo do 2022 22.30 horas - Campo da Capela de Cances

Onte todo o mundo coñecía aos Beatles. Hoxe Jack (Himesh Patel) é o único que lembra as súas cancións. Este músico que malvive nunha pequena localidade costeira de Inglaterra, resignouse a renunciar aos seus soños. Pero tras un misterioso apagamento en todo o mundo, espértase nunha liña de tempo alternativa onde nunca existiron Os Beatles. Entón será a súa oportunidade de facerse inmensamente famoso ao ritmo das míticas cancións do cuarteto de Liverpool, iso si, arriscarase a perder a Ellie (Lily James), a súa musa e o amor da súa vida. 

Yesterday é unha película británica de comedia musical, dirixida por Danny Boyle, a partir dun guion de Richard Curtis e unha historia de Jack Barth. Está protagonizada por Himesh Patel, Lily James, Kate McKinnon e Ed Sheeran (como el mesmo).

Duración: 1h 57min
Xénero: comedia musical
Para todos os públicos

Compartir: