Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A orquestra Olympus, na primeira verbena do San Xoán

Mércores 22 de xuño do 2022 22.30 horas - Praza do Concello

Olympus está considerada como unha das tres mellores orquestras de Galicia. A súa filosofía baséase en ofrecer un gran espectáculo a todos os niveis: escenografía, luminotecnia, coreografías impactantes, pirotecnia, sorpresas e, sobre todo, moita música de calidade con 15 compoñentes no escenario. Un gran equipo de profesionais ofrecendo o mellor de si mesmos para lograr que todos os que vaian ver á orquestra pasen un intre agradable. 

Despois de catro traballos discográficos, varios DVD en vivo, miles e miles de actuacións, seguen mantendo a mesma ilusión e a enerxía intacta para seguir crecendo e ofrecendo cousas novas aos seus seguidores ano tras ano. Máis de 200 actuacións cada tempada; as 24 horas en directo no 2007, entrando así no libro" Winess World Records" por ser o grupo de música/orquestra que máis horas seguidas actuou no mundo. E este San Xoán terémola en Carballo!

Vídeos

Compartir: