Cultura

Cultura

- 2022 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
17
18
19
20
22
25
26
27
28
29
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Familia Caamagno e DJ Mil no fin de festa do Rexenera Fest

Sábado 11 de xuño do 2022 A partir das 13h - Rúa Coruña

O sábado 11 chega o día festivo do Rexenera Fest, un día de celebración que acompañará a recta final dos dos murais, o día arrincará cunha sesión vermú a partir das 13:00 h onde a Familia Caamagno vai a facernos bailar a golpe do seu Rock & Roll 60´s con tintes de Power Pop Bailongo, os de Sigüeiro veñen de adiantar varios singles do seu próximo traballo discográfico, que poderemos escoitar en directo.

A partir das 14:30 h seguiremos bailando coa sesión de Dj Mil, coa súa selección de ‘hits’ que van dende o Funk dos 70 ata os temas máis urbanos, os seus sets caraterínzase polo enerxía, a selección musical que se vai presentando mediante misturas, remixes, mush ups, e as ganas de facer saltar, sudar e desfrutar, todo iso salpicado polo turntablism, a arte de utilizar os platos de dj coma se de un instrumento se tratase e non coma un simple reproductor.

O escenario sitúase na céntrica Rúa Coruña á altura da Ludoteca, onde podemos desfrutar da ampla variedade da restauración da zona mentres escoitamos música en directo.

A xornada rematará de novo con Dj Mil que levará a cabo no Patacón (rúa Ourense) de 00:00 a 3:00 a segunda parte da sesión onde continuará despregando a súa capacidade de facer bailar aos máis escépticos, unha festa de peche perfecta onde a cor dá paso á música e ao lecer.

Compartir: