Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

"A poeta analfabeta", no Ciclo Mestre Mateo

Venres 20 de maio do 2022 20.30 horas - Pazo da Cultura

O documental percorre a vida da poeta e activista Luz Fandiño, desde o seu nacemento en Santiago de Compostela en 1931 ata o seu retorno á cidade en 1979, onde reside, despois de vivir a experiencia da emigración en Arxentina e Francia.

Foi en Bos Aires onde empezou a ler e escribir en galego. Autora dos poemarios Farangulliña de neve (1998), O pracer de envellecer (2014), e Espiñas e pensamentos (2016) a escritora é unha referente para as xeracións máis novas pola súa actitude rebelde e combativa.

Dirixida por Sonia Méndez e producida por Nati Juncal Portas, a película foi estreada na 35 edición de Cineuropa e proxectada na 16ª edición de la Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE). Tamén resultou finalista na categoría de Mellor documental nos XX Mestre Mateo.20 localidades galegas e 8 centros galegos repartidos por Europa e América Latina proxectan as películas do Ciclo, unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual, en colaboración coas Deputacións de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.

Actividade incluída no Programa das Letras de Carballo.

Compartir: