Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A compañía de danza de Fran Sieira presenta "DeMente"

Sábado 23 de abril do 2022 20.30 horas - Pazo da Cultura

Peza de baile e música tradicional galega froito dun minucioso traballo de investigación sobre as doenzas mentais. De Mente amosa en escena a evolución dos tratamentos, dende os amoreamentos carcerarios ata a externalización dos nosos días, ao tempo que aborda a necesidade de desestigmatizar este tipo de enfermidades e de favorecer a integración das persoas que as padecen. Estas e outras moitas cuestións serán tratadas en escena.

A compañía de Fran Sieira foi creada coa finalidade de por en valor o folclore galego como ferramenta e base sobre a que traballar, estudando o movemento a través da raíz máis pura, empregando o folclore como mecanismo de expresión.

Autoría: Fran Sieira.
Dirección: Carla Diego Luque.
Elenco: Fran Sieira, Martín Mondragón, Adela Otero, Artur Puga, Aida Tarrío, Daniel Rodríguez, André Adrio e Patricia Sánchez.
Escenografía e vestiario: Carlos Alonso.
Deseño de iluminación: Fidel Vázquez.
Deseño son: Isaac Millán
Música: Cristian Silva.

Duración: 60 min
Público: adulto
Prezo da entrada: 5 € / 3,5 €

Espectáculo da Rede Galega de Teatros e Auditorios

Ligazóns

Compartir: