Cultura

Cultura

- 2023 +
- Xaneiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
16
17
19
20
21
22
23
24
25
28
29
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Os Ratos de Lonxedetodo despídense por este curso con "Avós"

Mércores 18 de maio do 2022 17.00 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa e streaming

Os Ratos de Lonxedetodo volven á Biblioteca Rego da Balsa coa súa artista máis internacional, a gran Lilí Gruyére, para falarnos dos nosos maiores na última función que ofrecerán este curso. O ciclo da vida e o respeto debido ás persoas maiores son os dous temas tratados neste espectáculo. A ratiña Lilí Gruyére cóntanos como axudou a súa avóa, hai moitos, moitos anos, cando ela era pequena e a súa avóa aínda vivía, a plantar unha maceira. Hoxe, cada vez que come unha mazá, lembra a súa avóa. Contarános contos que ela lle contou e poñerános a música que a ela lle gustaba.

Espectáculo da Compañía TrinkeTrinke Teatro para nenos e nenas de 4 a 8 anos, acompañados/as por unha persoa adulta. Para asistir é preciso reservar entrada, de balde, chamando por teléfono á Biblioteca Rego da Balsa (981758580), en horario de 10.00 a 20.00, dende a semana anterior. Elixe a sesión á que prefires asistir.

As funcións retransmitiranse en streaming a través das redes sociais.

Organiza: Concellaría de Cultura – Bibliotecas de Carballo

Compartir: