Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

"O gran camiño" abre o ciclo audiovisual Mestre Mateo

Venres 1 de abril do 2022 20.30 horas - Pazo da Cultura

O gran camiño será a película encargada de inaugurar as proxeccións do Ciclo Mestre Mateo, iniciando así un ciclo de oito sesións que se desenvolverán con periodicidade mensual.

O gran camiño é un documental dirixido por Alba Prol e Raúl García que narra a súa experiencia percorrendo a pé as grandes rutas do mundo: O Pacific Crest Trail, un dos sendeiros máis extremos dos EEUU, o Camiño Inca a Machu Picchu, a ancestral ruta de Kumano Kodo en Xapón e o Camiño de Santiago europeo. Unha viaxe de miles de quilómetros que permite abordar temas universais como as fronteiras, o amor e o sacrificio, os conflitos sociais, a espiritualidade ou o coidado do noso planeta.

Finalista dos XX Mestre Mateo na categoría de Mellor documental, e seleccionado e premiado en máis dunha vintena de certames internacionais, o filme foi recentemente recoñecido co Premio Abanca ao impulso da sostibilidade que outorga a Academia Galega do Audiovisual “por tratar o coidado do noso planeta desde unha perspectiva global, destacando os recursos e valores da contorna natural, patrimonial, paisaxística e ambiental a través dun relato de aventuras que acaba revelándonos partes esenciais da natureza do ser humano”.

En Carballo poderemos velo o 1 de abril, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura.

Compartir: