Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

"Rastros", de Roberto Vidal Bolaño, no Día Mundial do Teatro

Domingo 27 de marzo do 2022 20.30 horas - Pazo da Cultura

Este ano cúmprense 20 anos da morte do dramaturgo e director Roberto Vidal Bolaño e case 25 da estrea orixinal de Rastros, a montaxe que poderemos ver o domingo 27 de marzo no Pazo da Cultura. Cunha estética de hoxe, pero sen perverter as esencias da súa poética orixinal, a compañía Condetrespés, en coprodución co Centro Dramático Galego, aborda esta peza que fala ao mesmo tempo do noso pasado, e tamén dunha forma universal dos vínculos humanos.

Sinopse: Santiago de Compostela. Finais do século XX. Esther, a punto de cumprir os 40 anos, agoniza no hospital. Tres homes, seguramente os máis importantes da súa vida, relembran os momentos que compartiron con ela. Iago, Moncho e Xan non están no mesmo espazo, están na cabeza dela a punto de marchar. A viaxe dos recordos é un punto de encontro duns amigos que compartiron case todo, agás evolucionar.

Texto: Roberto Vidal Bolaño.
Intérpretes: Antea Rodríguez, Muriel Pernas, Pablo Carrera e Mateo Franco.
Escenografía: Diego Valeiras.
Dirección: Lois Blanco Arauxo.

Duración: 1 h e 40 min
Público: Adulto
Entradas: de balde ata completar aforo

Patrocinada pola Deputación da Coruña
DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Ligazóns

Compartir: