Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

"Sergio da Veiga" e "O que queda de nós", no Galidoc

Sábado 22 de xaneiro do 2022 19.00 horas - Casino1889

O Galidoc, o ciclo de cinema documental galego do Casino1889, continúa o sábado 22.

Nesta sesión presentarase o documental Sergio da Veiga (2019), dirixido por Manuel Lucas Mariño, que participará no coloquio. Ademais de realizador, Manuel Lucas é un gran músico, formando parte da agrupación DeNinghures, e tamén é o creador da banda sonora da outra peza que veremos excepcionalmente para o Galidoc. 

Sergio da Veiga acheganos ao virtuosismo do seu protagonista ao facer soar a gaita.

Sergio vivía só na montaña. Mentres pastoreaba as súas cabras no monte, sentía o son da súa gaita abaixo, no pobo da Veiga de Logares (A Fonsagrada). Amigos e veciños fálannos de que foi un virtuoso gaiteiro e gran artista do pobo. No coloquio como sorpresa, contaremos coa presencia do gaiteiro Manuel Méndez, que nos fará unha pequena mostra do son de Sergio da Veiga.

De seguido proxectarase O que queda de nós (2021) é unha curtametraxe de ficción realizada por Miguel G. Abad, que se encargou da montaxe do documental Sergio da Veiga. Miguel é guionista, director e montador en diversas pezas audiovisuais, entre as cales destacan, polo seu percorrido en festivais, Albores (2017) ou Ti tamén (2019). 

O que queda de nós conta a historia dunhas cazadoras filla e nai, interpretadas por Lidia Veiga e María Costas. A curtametraxe foi seleccionado en diversos festivais nacionais e internacionais, entre eles Cans, FicBueu ou Galicia Freaky FilmFestival.

Ambas pezas teñen en común que foron rodadas na Fonsagrada e estreadas alí, e comparten tamén a gran parte do equipo técnico.

A entrada é gratuíta e o aforo é limitado, cubríndose por orde de chegada. As portas abriranse 30 minutos antes da sesión. Respectaranse as medidas de prevención contra o COVID vixentes. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse no enderezo casino1889@gmail.com indicando nome, apelidos e número de teléfono de contacto.

Compartir: