Cultura

Cultura

- 2022 +
- Xaneiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
25
27
28
30
31
 
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

II Foliada Solidaria da Asociación Cultural Nemeth

Sábado 18 de decembro do 2021 19.00 a 24.00 horas - Mercado Municipal

A Asociación Cultural Nemeth celebrará o 18 de decembro a súa II Foliada Solidaria, en colaboración con Cruz Vermella. A planta alta do Mercado Municipal converterase nun espazo cultural, no que poderás desfrutar da música tradicional con grupos da zona, e tamén solidario, xa que durante o evento recolleranse alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene para as familias usuarias da Cruz Vermella. A foliada celebrarase de 19.00 a 24.00 horas, e por parte da organización agárdase consolidala para que teña continuidade ano tras ano.

As agrupacións, músicos/as ou bailadores/as que queiran sumarse poden poñerse en contacto con Nemeth no teléfono 604 002 258 ou a través do enderezo electrónico info@acnemeth.com.

Compartir: