Cultura

Cultura

- 2021 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
18
22
23
24
25
28
29
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Lingua oral e lingua de signos no espectáculo infantil "Unhas gafas como as do avó"

Xoves 9 de setembro do 2021 17.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa e streaming

Comezan as "Tardes de Conto" na Biblioteca Rego da Balsa. Gema Santos e Felipe Díaz (Caxoto) preséntannos un espectáculo onde se conxugan dúas linguaxes que por separado son moi ricas, pero conxugadas son un verdadeiro tesouro. Un espectáculo no que a lingua oral se apoia na lingua de signos e onde a lingua de signos ponse á mesma altura que a lingua oral. Un espectáculo para persoas xordas e oíntes onde os dous códigos conviven como iguais. Un espectáculo no que o que menos importa é a diversidade presente no público senón o feito de vivir un conto nunha linguaxe universal.

Gema e Caxoto contarannos a historia de Laura, unha nena moi inquieta que todo o tempo anda á procura de aventuras que vivir. No xardín da súa casa xoga ó seu xogo favorito: Soñar cos ollos abertos. Desta maneira pode explorar mundo lonxanos inimaxinables construídos desde a súa atolada imaxinación. Un día sente curiosidade polas gafas do seu avó; como se verá a través delas? O que comeza sendo unha pequena trasnada acaba por convertirse na maior de todas as aventuras.

Duración: 50 minutos
Público: nenos/as de 4 a 12 anos acompañados/as por unha persoa adulta como máximo
Entrada: de balde, con reserva previa telefónica no 981758580 ata completar aforo
Retransmisión por streaming a través das páxinas de Facebook de Bibliiotecas de Carballo e Cultura Carballo e das canles de YouTube de Bibliotecas de Carballo e Concello de Carballo.

Organiza: Concellaría de Cultura
Colaboran: Xacobeo 21-22, Xunta de Galicia e Gadis

Compartir: