Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Os Ratos de Lonxedetodo presentan "Paxariños"

Mércores 31 de marzo do 2021 17:00 e 18:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa e redes sociais

Os Ratos de Lonxedetodo teñen un xardín, turelí. No xardín hai un niño, tureló. No niño hai un ovo, turelí. Esperan que dese ovo enorme que nos amosan, naza un paxariño. E fan tódolos preparativos necesarios para recibilo da mellor maneira posible. O conto de Turelí Tureló é un conto poético moi sinxelo que se desenvolve en nove capítulos ou escenas. O seu texto lembra ás cantarelas dos xogos infantís.

Debido ás cirscunstancias sanitarias, as actividades dos Ratos de Lonxedetodo na biblioteca desenvolveranse de acordo ás seguintes normas:

  • As actividades terán lugar no auditorio da biblioteca.
  • Poderán asistir nenos e nenas de 5, 6 e 7 anos acompañad@s dunha persoa adulta. Non se poderán crear grupos de nen@s non conviventes.
  • Todas as persoas asistentes levarán máscara. Haberá xel hidroalcohólico para lavar as mans antes de entrar.
  • Deberedes presentarvos na porta de entrada principal da biblioteca 15 minutos antes do comezo da actividade e agardar en ringleira respectando a distancia de seguridade de 1,5 m. coas outras persoas. O persoal bibliotecario acompañará a cada espectador/-a por orde ata o seu asento.
  • Unha vez entredes no auditorio teredes que permanecer no voso asento asignado, e non poderedes volver a saír ata o final da actuación, xa que se perdería o dereito a volver a entrar.
  • A saída final realizarase pola porta de emerxencia do auditorio.
  • A inscrición realizarase telefonicamente no 981 75 85 80 desde unha semana antes do evento (sempre mércores, agás festivos, que pasarán ao día hábil seguinte). Este ano non se repartirán entradas.
  • Como sempre, haberá sesión dobre, ás 17:00h e ás 18:30h. As funcións retransmitiranse tamén por streaming (Facebook e Youtube da nosa biblioteca, de Cultura Carballo e do Concello de Carballo).

Compartir: