Cultura

Cultura

- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Xarope Tulú presenta o espectáculo "Estrafalaria"

Sábado 31 de outubro do 2020 11.00 e 12.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa

O sábado 31 de outubro teremos no auditorio da Biblioteca Rego da Balsa o espectáculo infantil "Estrafalaria", da compañía Xarope Tulú.

Sinopse: Alicia collera por costume escorregar por calquera buraco, sen importarlle o profundo, escuro ou sinuoso que fose. A Carlota déralle por escoller o seu camiño e embarcarse en aventuras emocionantes que nada tiñan que ver coas dunha princesa. A avoa e papá dicían que as miñas amigas eran raras de todo. Pero eu sempre pensei que iso de ser rara é moi relativo. Apetéceche escoitar as súas rarezas?

Unha actividade destinada a nenos e nenas de máis de 6 anos que non vos podedes perder.

Para facilitarvos a asistencia poñemos á vosa disposición dúas sesións nas que podedes inscribirvos; unha ás 11:00 h e outra ás 12:30 h. Se desexades asistir presencialmente, é preciso inscribirse chamando ao 981758580. Tamén poderedes gozar destas funcións a través do streaming que realizamos nas páxinas de Facebook e nas canles de YouTube do Concello de Carballo; Cultura Carballo e Bibliotecas de Carballo.

Compartir: