Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A compañía carballesa Galeatro estrea "Carabela", a súa segunda obra infantil

Domingo 19 de xaneiro do 2020 18.00 horas - Pazo da Cultura

Galeatro, a primeira compañía de teatro profesional de Carballo, estreará na casa a súa segunda obra infantil, Carabela, que escribiu para eles unha das mellores dramaturgas infantís galegas, Paula Carballeira.

Os seus fundadores, Alba Bermúdez e Tone Martínez, pretenden dar a coñecer aos nenos e nenas un dos grandes problemas ambientais do moento: o uso masivo de plástico. O texto será publicado pola Editorial Galaxia e estará dispoñible proximamente.

Sinopse:
Carabela naufraga na Illa Pequena de Plástico. Está soa, rodeada de paxaros choromicas e peixes mutantes. Alivia a súa tristeza creando unha nena. O seu corazón comezará a latexar coa ansia de coñecer o mundo fora da illa.

Intérpretes: Alba Bermúdez, Tone Martínez, Davide González; Música orixinal: Davide González;  Deseño Iluminación: Ignacio Martín; Deseño escenografía e indumentaria: Diego Valeiras; Texto: Paula Carballeira; Dirección:Davide González.

Público: A partir de 4 anos
Entrada:
3/2 €
Duración:
50'



Rede Galega de Teatros e Auditorios

Compartir: