Cultura

Cultura

- 2020 +
- Xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Carmen Maura visita o FIOT cunha historia sobre terrorismo islámico e homosexualidade

Domingo 20 de outubro do 2019 20:30 horas - Auditorio Pazo da Cultura

Unha profesora de canto accede a darlle clases a un home novo que desexa mellorar a súa técnica para cantar no memorial da súa nai, falecida recentemente. A canción elixida, La golondrina, ten un significado especial para eles. A confrontación entre os dous axudaralles a reflexionar sobre as súas identidades, a aceptación da perda, a fraxilidade do amor e as consecuencias do odio, desprendéndose das dolorosas cargas que non os deixan avanzar.

Carmen Maura, unha das actrices españolas máis importantes, regresa aos escenarios teatrais cunha conmovedora historia que ten o terrorismo islámico e a homosexualidade como telón de fondo. O catalán Guillem Clua, autor do texto, é un dramaturgo cunha gran capacidade para ficcionar temas e situacións de estrita actualidade. O fermoso texto de La golondrina, reivindicativo e necesario, triunfou en todos os escenarios dos diferentes países nos que se representou.

Sen dúbida, estamos ante un dos pratos fortes da temporada. Aínda estades a tempo de conseguir a vosa entrada acudindo á billeteira 90 minutos antes do comezo da función. Agardámosvos!!  

Intérpretes: Carmen Maura e Dafnis Balduz; Vestiario: Tatiana Hernández; Iluminación: Juan Gómez Cornejo; Música: Iñaki Salvador; Escenografía: Alessio Meloni; Texto: Guillem Clua; Dirección: Josep María Mestres.

Público: A partir de 12 anos
Entrada: 15 €
Duración: 85'
Organiza: AC Telón e Aparte
Colabora: Concello de Carballo

FIOT28 (Programa de Sala)

Compartir: