Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A actriz María Hervás, gañadora do Premio do Público 2018, volve ao FIOT co "Jauría"

Domingo 13 de outubro do 2019 20:30 horas - Auditorio Pazo da Cultura

É 7 de xullo de 2016. Festas de San Fermín. Cun material real (os fragmentos das transcricións do xuízo realizado a La Manada), Jordi Casanovas, autor referente no teatro documento, escribe esta ficción documental coa que nos permite converternos en tribunal e internarnos na mente da vítima e agresores. Unha violación e un caso que marcou un antes e un despois en España, removen o concepto de masculinidade e a súa relación co sexo na nosa sociedade. Jauría é un espectáculo necesario e, sen dúblida, o novo éxito teatral da temporada.

A multipremiada Kamikaze Producciones volve ao FIOT con esta impactante e desgarradora obra dirixida con mestría por Miguel del Arco. O obxectivo é xerar debate ao redor do feminismo e a xustiza, para que sexa o público quen saque as súas conclusións. A protagonista, María Hervás, que tamén volve ao FIOT tras gañar na edición pasada o Premio do Público, recibiu o último Premio Max a Mellor Actriz. A súa actuación en Jauría é sobrecolledora, acompañada por un soberbio quinteto de actores, entre os que veremos ao galego Martiño Rivas.

Intérpretes: Pablo Béjar, Fran Cantos, María Hervás, Ignacio Mateos e Martiño Rivas; Voz en off: Israel Elejalde; Dirección de produción: Aitor Tejada e Jordi Buxó; Vestiario e escenografía: Alessio Meloni; Iluminación: Juan Gómez Cornejo; Deseño de son: Sandra Vicente_Studio 340
Música: Arnau Vilà; Autor: Jordi Casanovas; Dirección: Miguel del Arco.

Público: A partir de 14 anos
Entrada: 15 €
Duración: 90'
Organiza: Ac Telón e Aparte
Colabora: Concello de Carballo

FIOT 28 (Prograación de sala)

Compartir: