Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Volve a Praza dos Libros a Carballo

Do xoves 11 de xullo ata o domingo 14 de xullo do 2019 De 11-14h/18-22h - Xardín Municipal

Este ano a Praza dos Libros vén cargadiña de literatura, pero tamén de música, de obradoiros, de gastronomía e, sobre todo, de grandes nomes das letras galegas actuais. O primeiro en soar será o da pregoeira desta edición: autora luguesa María Reimóndez, encargada de dar o disparo de saída, o xoves 11 ás 12:30 horas, a catro intensos días de cultura.

A partir dese momento asistiremos a un auténtico desfile de estrelas da cultura galega. Anxo Moure, Magín Blanco, María Canosa, Concha Blanco, Daniel Asorey, Diana Fernández, David Díaz, Xoán Curiel, Ledicia Costas, Fernando Fernández Rego, Manel Cráneo, Diana Varela, Pakolas, José Antonio Andrade, Manuel Rivas, Ana Cabaleiro, Ramón Vilar, Aldaolado... e os/as da casa: Alberto Varela Ferreiro, Xan Fraga, Isabel Villanueva, Laura Tova, Miguel A. Alonso Diz, Fernando Calvo Trincado, Xabier Maceiras... Literatura e música fundidas nun programa que mestura cantidade e calidade.

Tamén estará presente a gastronomía, e non só pola proximidade dos produtos da horta que se venderán no mercado do xoves e na feira do domingo, senón tamén porque o xoves con cada libro que merques entregaranche unha lata de atún Calvo, claro, e o domingo, un moletiño de Pan de Carballo, de onde se non! Pero os auténticos protagonistas serán os libreiros e as libreiras. Este ano participan Á lus do candil (Arteixo), Lila de Lilith (Santiago) e as carballesas Brañas Verdes, Ler, Trasgo, Teldy e Punto e Coma, ademais de Demo de Phottic. E, por suposto, as nosas bibliotecas, onde poderás, entre outras cousas, recoller os premios que che toquen nas tarxetas rasca. Camisolas, chapas, libros, chaveiros, mochilas...

Os libros en Carballo non só veñen cun pan debaixo do brazo, senón con moitos outros “extras” e, ademais, cun desconto do 10%.

Organiza: Concello de Carballo
Colabora: Fundación Luis Calvo Sanz

Compartir: