Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

"Los Satélites" protagonizarán a primeira gran verbena do San Xoán

Sábado 22 de xuño do 2019 22:30 horas - Praza do Concello

A primeira gran verbena do San Xoán chegará da man dunha das orquestras máis veteranas do panorama musical galego: Los Satélites, que vén de celebrar en 2018 o seu 80º aniversario sobre os escenarios. 

Con tres novas incorporacións ao equipo e as últimas versións dos ritmos máis pegadizos, esta orquestra coruñesa que vén de gañar, por segunda vez, o "Premio Martín Códax da Música", no apartado de "Orquestras e Música de Verbena", aterrará na Praza do Concello disposta a facernos gozar dunha noite de boa música e moito espectáculo para dar a benvida por todo o alto ao San Xoán e comezar o verán...bailando. Máis vale que non faltedes!

Pero a música non só fará acto de presencia pola noite. Ás 12:30 horas, os ritmos tradicionais do grupo Falso Escuadro protagonizarán o tradicional pasarrúas matinal para encher de ambiente festivo a vila da mañá á noite.



Compartir: