Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Lumieira organiza o 39º Concurso infantil de pintura Luís Calvo

Venres 17 de maio do 2019 11:00 horas - 1º andar Mercado Municipal

Coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, a asociación cultural Lumieira organiza a 39º edición do Concurso infantil de pintura e debuxo Luís Calvo Sanz, dirixido a nenos/as de educación infantil, primaria, 1º e 2º da ESO. Como xa vendo sendo habitual, cada participante recibirá papel e ceras brandas necesarias para a realización de su obra, que será de temática libre.

Unha vez finalizado o concurso, arredor das 13h, o xurado elixirá aos gañadores e procederá á entrega de premios e ao sorteo de dúas bicicletas entre todos os/as participantes.

Este ano, a actividade levarase a cabo no 1º andar do Mercado Municipal (ao igual que o resto de actos previstoa para o 17 de maio) debido á previsión de mal tempo. 

Desde hai máis de tres décadas, son moitas as xeracións de carballeses e carballesas que levan participado, cada 17 de maio, nesta iniciativa coa que se pretende, ademais de entreter, fomentar a creatividade e a imaxinación dos nosos nenos e nenas no día grande da nosa lingua.
 
Organiza: A. C. Lumieira 
Colabora: Concello de Carballo

Compartir: