Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

O xornalista musical Álvaro Alonso presenta o seu libro "Gene Clark, vuela hacia el sol"

Sábado 2 de febreiro do 2019 19:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa

O escritor e xornalista musical Álvaro Alonso visitará a biblioteca Rego da Balsa para presentar o seu último libro "Gene Clark, vuela hacia el sol", unha sensacional biografía sobre a vida e a traxectoria do mítico músico americano, fundador dos "Byrds". O resultado é un documento histórico, acompañado de fotografías e cancións, que deixa no lector unha profunda pegada pola maneira insólita de narrar o ascenso e a caída dun dos máis grandes poetas-cantantes do rock californiano do século XX. Con esta actividade inaugurarase unha nova edición do Curruncho Pop.

Gene Clark. Certo aire romántico envolve a biografía de Gene Clark (1944-1991), un mozo de Tipton (Missouri),  fundador dos "Byrds", que en 1965 acadou o éxito grazas a cancións que enseguida lograron converterse en número 1 como a mítica "Feel A Whole Lot Better". Con apenas vinte años xa lle comprou a Steve McQueen o seu Ferrari e fixou a súa residencia en Los Ángeles. O soño do rock & roll cumprido nun tempo récord. Pero pronto pagaría cara a súa rebeldía. Só uns meses máis tarde, en 1966, Gene Clark deixa de ser “o chico da pandereta” e desaparece para o gran público. Moitos descoñecen o que aconteceu despois: Gene quixo seguir o seu propio camiño nunha época efervescente, tras o paso da música folk-rock ao country-rock en California, facturando centos de cancións incribles.

Álvaro Alonso (Murcia, 1965) é profesor, doctor en Filosofía e xornalista musical no ABC. Entre varios escritos sobre pensamiento político, destacan extensos traballos como “Antonio Gramsci, manifestaciones artístico-culturales y hegemonía (UNED 2010)", coautor de “Gramsci y la sociedad intercultural” (Montesinos 2014), así como “Las músicas de nuestro tiempo. El universo pop” (Dikynson 2010). Dirixiu o programa de radio en directo “Días de vino y rosas” e foi seleccionado para impartir clases no Dallas ISD de Texas durante 2016 e 2017, época na que estableceu a súa residencia en EE.UU. e aproveitou para escribir o libro que agora vén a presentarnos.

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Concellaría de Cultura

Curruncho Pop 2019

Compartir: