Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

A música folk-rock dos coruñeses "Escuchando elefantes" chega aos Venres Culturais

Venres 15 de febreiro do 2019 21:00 horas - Pazo da Cultura

Os coruñeses Silvia Rábade e Carlos Tajes son os/as compoñentes do grupo de folk-rock Escuchando elefantes. As súas dúas voces soan como unha. Actualmente, é unha das bandas favoritas do público pola forza e o dinamismo que transmiten coas súas cancións, que debe á súa paixón por tocar na rúa.

Tras percorrrer Europa compartindo experiencias con músicos como Bono (U2) ou Sinéad O’Connor, entre outros, chegan a Carballo para ofrecernos un concerto sorprendente e imprevisible, como todas as súas actuacións. Nesta ocasión, presentarannos o seu terceiro traballo, publicado en marzo de 2017, "Hope", cun son máis eléctrico e máis enérxico e cancións que pasan da tristura á alegría, ensalzando a esperanza que dá nome ao álbum.

Intérpretes: Silvia Rábade e Carlos Tajes
Público: Todos os públicos
Entrada: 4€/3€
Duración: 1 h 10 min

Rede Galega de Teatros e Auditorios

Compartir: