Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Mofa e Befa estarán cos seus "Cranios privilexiados" nos Venres Culturais

Venres 8 de febreiro do 2019 21:00 horas - Pazo da Cultura

No seu 25 aniversario, o dúo cómico Mofa e Befa conxurará a xenios como Sócrates ou Kant ou o máis grande filósofo galego, Polemón, curiosamente, o pai dos dous ousados cómicos, para reflexionar sobre a vida, a galopeante actualidade e as grandes preguntas da humanidade, enfrontándose por vez primeira na súa dilatada traxectoria ao metálico ardor da dúbida. “E agora que?”, sería o seu particular remedo do método cartesiano. De que vai iso de pensar? Por que non superar todas as dúbidas facendo un espectáculo metafísico sobre a propia ciencia do pensamento, coñecida polo enigmático nome de “filosofía”?  É hora de pensar, non queda outra!

Intérpretes: Josito Porto e Víctor Mosqueira / Dirección de arte: Natasha Lelenco /  Espazo lumínico: Octavio Mas / Atrezzo: Marcelino de Santiago “Kukas” / Autores: Pepe Sendón e Carlos Santiago / Dirección e dramaturxia: Carlos Santiago

Público:
Maiores de 12 anos
Entrada: 4 €/3 €
Duración:
1 h 30 min 
Organiza: Concellaría de Cultura

Rede Galega de Teatros e Auditorios

Compartir: