Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Nani García Trío e o seu "indie-jazz" nos Venres Culturais

Venres 1 de febreiro do 2019 21:00 horas - Auditorio Pazo da Cultura

Nani García, un dos grandes do jazz e da música contemporánea de Galicia, será o encargado xunto co seu trío de inaugurar os Venres Culturais cun concerto inesquecible que fará as delicias dos/as amantes deste xénero musical e de todo o público en xeral. A formación, curtida nos escenarios e nos festivais de jazz internacionais máis relevantes, regresa aos escenarios, totalmente reinventada pero sen esquecer as súas orixes jazzísticas, que tantos éxitos lle procurou. Nesta ocasión, a banda interpretará música de composición propia cun novo concepto que, o mesmo Nani García, denomina “indie jazz”, un estilo novo, refrescante, contemporáneo e moi apetecible.

Nani García é unha das figuras máis destacadas da música galega e internacional como compositor, intérprete, arranxista e produtor de todo tipo de formatos e xéneros contemporáneos e de vangarda. Non volo perdades!

Intérpretes: Nani García (piano), Simón García (contrabaixo) e Miguel Cabana (batería)
Duración: 1 h 15 min
Público: Todos os públicos
Entrada: 3 € / 2 €
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir: