Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Borja Fernández debuta no OTNI con "Salvador"

Venres 19 de outubro do 2018 22:30 horas - Salón actos Pazo da Cultura

Benito Fernández, desaparecido hai máis de 50 anos deixou un rastro. Tras anos de pescudas e viaxes transoceánicas o seu neto, un mozo na procura das súas raíces, recompono en escena a través de entrevistas, fotografías, cartas e obxectos persoais. Descubriremos casualidades inexplicables, coincidencias triangulares, cancións tropicais e almas selváticas.

A medio camiño entre o teatro documental e a ficción, Salvador é un proxecto escénico para un actor/músico e unha vídeo-jockey/manipuladora de obxectos, sobre os movementos migratorios, as desaparicións e os encontros. Un traballo único e alternativo que non podía faltar no IX ciclo OTNI. 

Borja Fernández é actor, músico e performer galego que colabora con diferentes compañías. Este proxecto forma parte de A Berberecheira, laboratorio de creación impulsado polo grupo Chévere.

Idea e creación: Borja Fernández Asistente de dirección: Diego Anido Asistente de dramatúrxica: Claudio Días Dirección: Borja Fernández e Uxía P . Vaello Textos: Manuel Cortés e Borja Fernández Adaptación: Manolo Cortés Deseño iluminación e audiovisuais: Laura Iturralde Espazo sonoro: Borja Fernández Asistencia en residencia: Colectivo A Berberecheira

Público: Recomendada para maiores de 16 anos
Entrada: 5 €
Duración: 65 min.

Programación FIOT27

Compartir: