Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

V Foliada do Bosque

Sábado 8 de setembro do 2018 12:00 horas - Bosque do Añón

A Foliada do Bosque chega á súa quinta edición cunha xornada lúdica arredor da música e o baile tradicional na que participarán diferentes asociacións culturais do noso municipio. Ademais de gaitas, pandeiretas, tamboriles e moitos bailadores e bailadoras, ao longo da tarde haberá xogos tradicionais para os máis cativos e o I Aberto de Billarda, que se celebrará de 17 a 19 horas, con agasallos para os primeiros clasificados/as. A inscrición é de balde e aberta ao público de todas as idades, con experiencia ou sen ela. Máis información e anotacións na páxina de facebook Foliada do Bosque

O vindeiro sábado colle o teu instrumento favorito e únete á festa no Bosque do Añón de Carballo. Haberá comida e bebida a prezos populares, zona de acampada e carpa. Anímate a pasar unha xornada única e moi divertida na mellor compañía.

Organiza: AC Foliada Galega
Colabora: O Patacón, AC San Campio de Cances, Liga Nacional de Billarda e Concello de Carballo

Compartir: