Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Verbena coas orquestras Trébol e Compostela

Venres 22 de xuño do 2018 22.30 horas - Praza do Concello

Arrincan as verbenas da Semana Grande de San Xoán e fano por todo o alto. Dúas das orquestras con máis sona e proxección no panorama musical de Galicia pisarán o escenario da Praza do Concello de Carballo para ofrecer aos espectadores unha velada con moito ritmo e boa música para non deixar de bailar.

A piques de celebrar un século de historia, a orquestra Compostela (1919) é a decana das agrupacións galegas e a formación máis viaxeira e con máis discos gravados. Ademais, conta cun amplo repertorio de composicións propias ao que se suman temas tan populares como Galicia, Terra Meiga. No seu espectáculo tamén soarán algunhas versións das cancións máis actuais do momento sen perder a súa seña de identidade.

Moitas son as xeracións de galegos e galegas que levan gozado e bailado coa música da orquestra Trébol ao longo dos seus 70 anos de historia. Salas de festas, romarías, emisoras de radio, platós de televisión, festas populares, festivais... non hai escenario que non acollera os grandes éxitos dunha das agrupacións máis coñecidas de Galicia e pioneira en ofrecer un espectáculo con violíns, que mantiveron vivo ata o ano 2000. Agora chega ao San Xoán cun repertorio actualizado e moitas das cancións que a consagraron, por dereito propio, como un referente das verbenas en Galicia. A bailar!

Organiza: Concellería de Cultura
Programación Festas San Xoán


Compartir: