Cultura

Cultura

- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Contacontos co escritor Anxo Fariña

Mércores 6 de xuño do 2018 Ás 18:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa

Narración oral, divertidos xogos motrices e debuxo en directo co escritor e ilustrador Anxo Fariña son os ingredientes perfectos para unha tarde de risas e aprendizaxe na compaña de Gliz. O pastor de nubes e o pintor de flores, unha obra concibida para poñer aos máis pequenos/as en contacto cos libros e cos contos dende o momento que comeezan a falar. 

Gliz é un pastor de nubes, que coida moi ben das que viven na súa casa: Nubenai, Nubepai, Nuba, Nubo e Nubebebé. Failles a comida, dálles menciñas cando están enfermas, lelles contos cando van para a cama... e viven moitísimas aventuras xuntos. Matís, o pintor de flores, mentres pintaba unha florboreta, caeu ao chan e mancou a man dereita. Como o poderán axudar Gliz e os membros da familia Nube? A resposta, esta semana na túa biblio.

Participación: Nenas e nenos a partir de 5 anos
Entrada: Libre e de balde
Organizan: Concellería de Cultura e Servizo de Normalización Lingüística

Compartir: