Inicio Áreas Educación Conservatorio Novas Presentación do curso 2022-23 no...

XOVES 8 DE SETEMBRO ÁS 20.00 HORAS

Presentación do curso 2022-23 no Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo

Sábado 3 de setembro do 2022

O acto de presentación do curso académico 2022-2023 no Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo celebrarase o xoves 8 de setembro ás 20:00h no auditorio do Pazo da Cultura. É importante que asista o alumnado que se matriculou por primeira vez no centro.

Elección de horarios curso 2022-2023

As datas para a elección dos horarios do presente curso publicaranse no taboleiro do centro e na páxina web o vindeiro martes 6 de setembro. É imprescindible acudir presencialmente o día e hora sinalado para escoller horario. Pode asistir o interesado, un familiar ou persoa na que delegue. No caso de non acudir na data fixada para escoller horario, o centro adxudicará un horario de oficio.

Por decisión do Consello Escolar do CMUS celebrado o día 13 de setembro do 2017, a orde de prioridade na escolla de horarios para as materias que o permiten é a seguinte:

  1. Familias con dous ou mais irmáns matriculados no centro sempre que o menor non teña 14 anos cumpridos no momento da escolla e sempre partindo dos cursos inferiores en orde ascendente.
  2. O resto do alumnado escollerá horario partindo dos cursos máis baixos e en orde ascendente, comezando a escolla en cada curso por aquel alumno cuxo primeiro apelido comece coa letra T (letra administrativa do 2022) e continuando en orde alfabética ata rematar o curso correspondente.

Compartir: