Instruccións da Secretaría Xeral de Educación para a aplicación do calendario do curso 2021-22
Domingo 5 de decembro do 2021
Calendario de fin de curso:
2.1 A actividade lectiva desenvolverase segundo o horario habitual establecido para o curso ata o 13 de maio, inclusive.
2.2 A avaliación final ordinaria, de ambos os dous graos, elemental e profesional, desenvolverase entre o 16 e o 20 de maio, en datas e horarios a determinar polos centros. En calquera caso, o proceso de avaliación, incluída a comunicación das cualificacións finais, deberá ter rematado o día 20 de maio.
2.3 O período comprendido entre o 16 de maio e o 10 de xuño dedicarase preferentemente á preparación das probas extraordinarias, e a actividades de apoio, reforzo, recuperación, ampliación e titorización. Así mesmo, durante o período comprendido entre o 16 de maio e o 30 de xuño os centros educativos poderán organizar actividades de carácter extraescolar.
2.4 As probas de acceso ao primeiro curso do grao profesional desenvolveranse a partir do día 23 de maio, e de acordo cos calendarios específicos a tal efecto elaborados polos centros.
2.5 As probas de acceso ao primeiro curso do grao elemental desenvolveranse a partir do 30 de maio, e de acordo cos calendarios específicos a tal efecto elaborados polos centros.
2.6 As probas para a concesión do premio de fin de grao nas ensinanzas profesionais de música e danza non se realizarán despois do 10 de xuño.
2.7 A proba extraordinaria será organizada polos centros educativos, e levarase a cabo do 13 ao 17 de xuño.
2.8 As probas de acceso a outros cursos do grao elemental e do grao profesional desenvolveranse no mes de xuño, a partir do día 20, e de acordo cos calendarios específicos a tal efecto elaborados polos centros.