Inicio Áreas Educación Conservatorio Novas O Conservatorio Profesional de...

O Conservatorio Profesional de Música recuperará o luns 22 a actividade lectiva presencial

As clases das especialidades de vento e canto seguirán sendo telemáticas

Mércores 17 de febreiro do 2021

En virtude da Orde do 15 de febrero de 2021, pola que se dispón a prórroga a modificación das medidas de prevención específicas previstas na Orde do 26 de xaneiro de 2021 como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica do COVID-19 na comunidade autónoma de Galicia, a actividade lectiva no Conservatorio Profesional de Música (CMUS) de Carballo volverá a ser presencial a partir do vindeiro luns 22 de febreiro agás para o alumnado das especialidades de vento e canto.

Polo tanto, as materias de coro, educación vogal e auditiva, saxofón, frauta traveseira, oboe, clarinete, trompa, trompeta, trombón e bombardino, así como as clases colectivas de conxunto, banda e música de cámara que afecten a ditas especialidades seguirán sendo telemáticas ata novo aviso. Os profesores que imparten ditas especialidades poñeránse en contacto cos seus alumnos para procurar a compatibilidade do ensino telemático coa asistencia dos alumnos a aquelas materias que se estean a impartir de xeito presencial. 

Para calquera dúbida ao respecto, o equipo directivo e o profesorado do CMUS Profesional de Carballo estamos á vosa disposición.

Compartir: