Inicio Áreas Educación Conservatorio Novas Comezaron as clases no Conservatorio...

Comezaron as clases no Conservatorio Profesional de Música tras o acto oficial de apertura do curso académico

O alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Educación, Mar Eirís, asistiron ao acto inaugural

Luns 24 de setembro do 2018

Como non podía ser doutro xeito, o curso no CMUS Profesional de Carballo comezou con música. Os profesores Arturo Centelles e Mª Paz Fernández ofreceron un breve concerto de trombón e piano no acto oficial de apertura do ano académico, no que, xunto coas familias e o alumnado, estiveron presentes o alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Educación, Mar Eirís.

O acto inaugural foi moi breve. O directo do Conservatorio Municipal de Música de Carballo, Juan Otero, explicou as principais novidades do curso, entre elas a incorporación dunha nova docente (presente tamén no acto) para impartir a especialidade de trompa ou a implantación dunha nova metodoloxía para a materia de Linguaxe Musical. Juan Otero expresou ademais o desexo de todo o claustro de potenciar a Banda Municipal de Música.

O CMUS conta este ano con máis de 200 alumnos/as, e aínda que a maioría son de Carballo, hainos de toda a Costa da Morte e de boa parte da provincia. Hoxe luns comezaron as clases para todos/as eles/as.

Compartir: