AS PROBAS SERÁN O XOVES 6 DE SETEMBRO
Consulta aquí a composición dos tribunais e alumnado matriculado para as probas de acceso ao CMUS
Nesa mesma data serán adxudicadas as 10 prazas vacantes en 1º de Grao Elemental
Martes 4 de setembro do 2018
No documento adxunto figura a composición dos tribunais para as probas de acceso ao Conservatorio Municipal de Música de Carballo (CMUS), que se celebrarán o xoves 6 de setembro ás 17 horas para todos os cursos agás 1º. Tamén pode consultarse a relación de alumnos/as matriculados/as para as citadas probas.
ALUMNADO EN LISTA DE AGARDA PARA ACCESO A 1º DE GRAO ELEMENTAL
Número de vacantes ofertadas: 10
- Obóe: 1
- Trombón: 1
- Bombardino: 1
- Violín: 2
- Viola: 1
- Trompeta/Fliscorno: 2
- Trompa: 1
- Frauta: 1
Ao resto do alumnado en lista de agarda para o que non se ofertan prazas na súa especialidade pode adxudicárselle algunha das outras especialidades en función da nota obtida na proba.
O xoves 6 de setembro ás 19.30 h están todos/as convocados/as para a adxudicación das ditas prazas na aula de informática do Pazo da Cultura.